A Consellaría de Cultura achegará a metade dos 120.000 euros que terá de orzamento para os vindeiros dous anos.
Alexandre Bóveda
Alexandre Bóveda daralle nome á cátedra de investigación do galeguismo histórico que terá como sede o campus pontevedrés da Universidade de Vigo. A iniciativa servirá para dar a coñecer a figura do político galeguista, desenvolverá proxectos de investigación e organizará actividades académicas.
Xurdida da colaboración entre a Consellaría de Cultura, o Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, Caixanova e a Fundación Alexandre Bóveda, a cátedra apoiará a mobilidade dos estudantes e do persoal docente e apoiará a organización de proxectos culturais. O convenio prevé un orzamento de 120.000 euros para este ano e mais para o que vén, dos que a consellaría achegará a metade.