Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sen pacto logo de catro anos de goberno conxunto

Rachan as negociacións en Pontevedra

Cos focos apuntando principalmente á incerta negociación luguesa, desde a cidade do Lérez chega noticia de conflito entre BNG e PSdeG.

Redacción - 13:47 27/06/2007

A primeira en valorar a situación foi a voceira municipal do PSdeG, Teresa Casal, quen considerou que o acontecido é "unha falta de seriedade, formalidade e respecto" por parte do BNG.

"Botáronse atrás", asegurou a socialista, quen lle achacou toda a responsabilidade aos nacionalistas e asegurou que o acordo programático estaba pechado case ao cento por cento.

Hai unha semana, o alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, prognosticaba nun "mes como moito" a marxe máxima para chegar a un pacto de gobernabilidade co PSOE, que lle garanta a maioría coa que conta na actualidade. "Antes dun mes hai que facer un pleno de organización e funcionamento, e é importante chegar a acordos", sinalou daquela o alcalde tras precisar que en calquera caso "non depende solo dun senón dos dous". No mesmo sentido pronunciárase a líder dos socialistas.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: