Un vídeo mostra unha montaxe con escenas do espectáculo "Unha de romanas" en Sargadelos Barcelona.
Brutus
Uns castrexos alporizados pola chegada dos romanos, unha castrexa namorada dun Brutus que fala latín catalán (viñera da Tarraconense?), Cleopatra e o seu escravo narrador de contos, Rómulo e Remo a se discutir sobre a súa historia, un célebre gladiador nunha fanada cita a cegas...
Parte destas escenas pódense ver neste vídeo do YouTube, realizado a partir da gravación da actuación de Furafollas Agrupación Teatral na Galería Sargadelos de Barcelona o novembro do ano pasado, baixo o título Una de Romanas. O espectáculo forma parte do Ciclo Mulleres no Tempo do grupo teatral, que esta tempada cadraba coa temática transversal encol do Ano de Muller e da Memoria das entidades de Rede.cat, da que son membros Furafollas e Sargadelos.