Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lonxe do pacto PSdeG-BNG en Lugo

Orozco abre ciclo conseguindo o apoio do PPdeG de García Díez

Coas posicións das agrupacións locais afastadas e as direccións das formacións molestas, o primeiro pleno municipal viu a suma dos votos de PSdeG e PPdeG.

Redacción - 09:00 26/06/2007

"Cumpría botar unha man", explicou o voceiro municipal lugués do PP, Xaquín García Díez, ao respecto da posición do seu grupo este luns no primeiro pleno do novo treito de catro anos despois do 27M. A decisión dos populares foi felicitada polos socialistas, que cualificaron de "exemplo de responsabilidade" o apoio conseguido. Pola contra, desde o BNG, Xosé Anxo Laxe cualificou o acontecido como "falta de lealdade" e subliñou que as negociacións non racharon aínda e que este mesmo mércores hai unha nova xuntanza entre os dous grupos.

Mentres, este luns o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, respondíalle ás afirmacións que o día anterior fixera o coordinador da executiva do BNG, onde o nacionalista lle trasladaba aos socialistas a responsabilidade no fracaso de momento nas conversas na cidade. Na opinión de Varela, o Bloque "trata de agochar que a vontade de non chegar a un goberno de coalición está precisamente no BNG". "Se non entran no goberno é porque teñen a estratexia de non facelo", opinou.


3,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: