Segundo revela o diario Gara, un interlocutor do executivo estatal intentou reactivar así as negociacións. Zapatero cualifica a información de "propaganda".
Un representante do goberno español reuniuse o pasado mes de marzo con membros de ETA, tres meses despois do atentado no aeroporto de Barajas. O interlocutor ofreceu a legalización da esquerda abertzale e a búsqueda dun acordo a cambio de que a organización armada garantise unha nova tregua por medio dun comunicado.
O xornal Gara publica unha ampla reportaxe sobre a cuestión na edición deste sábado. Segundo a información, ETA recriminoulle ao enviado que se incumprisen acordos no proceso que xa foran discutidos en 2005. O presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, non quixo comentar a información que cualificou de "propaganda moi evidente".