Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ciclo "Os latexos do mundo"

A escusa do terrorismo é utilizada para "controlar os cidadáns"

Así reflexionou Ignacio Ramonet, director de Le Monde Diplomatique, este xoves en Redondela.

EP - 09:00 22/06/2007

Ramonet explicou que a ameaza do terrorismo permitiu aos estados adoptar un papel de control que cualificou de "hiperorweliano". O xornalista afirmou que os grandes desafíos do mundo actual son, ademais da ecoloxía, "as partidas de xadrez que se xogan en tres taboleiros simultáneos".

Segundo explicou, esta metáfora revela tres ámbitos na política internacional. Por un lado o problema da seguridade no que se inclúen todos os conflitos abertos no mundo; por outro lado o conflito económico, é dicir, "a globalización dun mundo pilotado polas grandes empresas"; o terceiro dos taboleiros sería o que representa a guerra de ricos contra pobres, o das desigualdades sociais.

Ramonet opina que no primeiro dos casos, os estados toman a iniciativa para asumir ese papel de control usando o argumento do terrorismo, mentres que, no ámbito económico as decisións son adoptadas polos grandes grupos de presión empresarial. Así, o mundo actual dependería de tres grandes poderes: o financeiro, o dos grandes medios de comunicación ao servizo das empresas e "só en terceiro lugar, os políticos". O xornalista galego considera que, neste sentido, os medios están sometidos todos os días á "tensión entre a vontade dun poder económico e a súa propia pretensión de manter a súa independencia".

No mesmo acto interviu tamén o xornalista Ramón Chao, quen fixo unha intervención baixo o título A guerra contra os pobres. Ao fío, Chao opina que este conflito é "o máis mortífero que coñece a humanidade e, ademais, o máis silencioso". Na súa opinión, os escravos da antigüidade seguen existindo hoxe en día, coa diferenza de que antes "se lles mantiña con vida porque eran unha activo" para o traballo", mentres que agora "interesan" porque son "potenciais consumidores" mesmo que moitos "non gañen máis dun euro ao día".


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: