Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estudo de Hispalink

Agoiran que até 2008 Galiza medrará por baixo da media estatal

A desaceleración económica deixaría o crecemento galego a final de ano unha décima por baixo do resto do Estado.

Redacción - 09:00 21/06/2007

A nivel estatal a economía experimentará unha evolución positiva do 3,7% cara á fin de 2007, índice que en Galiza quedaría nun 3,6%, segundo o prognóstico realizado polo Informe Hispalink, elaborado por diversos departamentos universitarios de todo o Estado e no que colaboran en Galiza departamentos das universidades da Coruña e Santiago.

Para 2008, o mesmo índice fala dun crecemento en Galiza do 2,5%, mentres a nivel estatal a economía medraría un 3%. No que vai de ano, as mellores perspectivas económicas están fixadas para Aragón, Madrid e Murcia, todas dun 4%. A que menor crecemento conseguiría é Asturias, cun 3,1%.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: