A asociación púxose en contacto coa dirección do centro privado e con Política Lingüística para denunciar o sucedido.
Segundo unha denuncia que chegou até A Mesa, unha pediatra do Hospital Modelo da Coruña esixiulle a un rapaz de 13 anos que se dirixise a ela en castelán na consulta. Segundo a versión da nai do cativo, a doutora alterouse co rapaz por falar na lingua propia. A nai e o adolescente acoden a este centro por medio dunha mutua que ten convenio con Muface. A denunciante afirmou sentirse “vexada”.
Pola súa parte, representantes da Mesa puxéronse en contacto co dirección do centro hospitalario, coa dirección provincial de Muface e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para darlles conta da situación e reclamarlles solucións