Podería utilizarse para a produción industrial e para a creación de xogos
O Terceiro Salón Europeo da Investigación, que se celebrou esta fin de semana en París, deu a coñeñcer como novidade no mundo dos ordenadores, unha plataforma especial para transforma calquera obxecto nun video en 3D en tempo real. Foi presentada polo Instituto Francés de Investigación en Informatica. Aínda que está en probas, podería usarse para o desenvolvemento de videoxogos e tamén para o desenvolvemento da produción industrial.
Esta terceira edición tivo como convidado de honra a España. A ministra de Educación e Ciencia, Mercedes Cabrera, visitou o recinto na compaña da súa homóloga francesa e do comisario europeo para a Ciencia.
230 expositores de oito países da Unión Europea presentaron ante 25.000 visitantes as últimas novidades científicas no sector médico, do medio ambiente, da enerxía e do transporte, pero tamén outras aplicacións para mellorar a vida diaria.