Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Constitución das corporacións

O BNG rexeita a alcaldía do Carballiño tras recibir o apoio do PPdeG

O candidato do PSdeG, Carlos Montes, gobernará en minoría no feudo do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

Redacción - 19:15 16/06/2007

O BNG rexeitou este sábado a alcaldía do Carballiño, xa que se abstivo na votación logo de recibir o apoio do PPdeG. Deste xeito, o candidato do PSdeG, Carlos Montes, foi elixido alcalde e gobernará en minoría no feudo do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez.

Na sesión plenaria do mediodía, tomaron posesión os novos edís da corporación: 8 membros do PSdeG -a un da maioría absoluta-, 5 edís do PPdeG e 4 do BNG.

Votación de tres candidatos
Tras a toma de posesión, procedeuse á votación sobre os tres candidatos presentados á elección de alcalde. En primeiro lugar, o socialista Carlos Montes, obtivo os oito votos do seu partido fronte ao voto en contra dos populares e a abstención do BNG.

Posteriormente, procedeuse á votación do candidato popular, Arximiro Marnotes, quen recibiu as cinco papeletas do seu partido fronte ao voto en contra do PSdeG e a abstención do BNG.

E chegou o momento decisivo coa votación do candidato do BNG, Manuel Amil. Neste caso, os socialistas votaron en contra e o PPdeG deulle o seu apoio, mais os concelleiros do BNG decidiron absterse e rexeitar así a alcaldía.


4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: