Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
OS FEITOS SUCEDERON EN VIGO EN 2005

Piden cinco anos de cadea para tres persoas por bater na policía un 1º de maio

A fiscalía acusa a cinco militantes da CIG e Briga dos incidentes, nos que houbo varios feridos tras unha carga policial

Redacción - 17:00 15/06/2007
Imaxe das detencións / Foto: Briga

Imaxe das detencións / Foto: Briga

A fiscalía pide cinco anos de presión e case 6.000 euros en multas a tres mozos por incidentes ocorridos na manifestación do primeiro de Maio de 2005 en Vigo, segundo informa Briga. O colectivo independentista indica que están acusados de delitos de danos, atentado, resistencia á autoridade e catro faltas de lesións aos policías.

Briga tamén asegura que están acusados outras dúas persoas, neste caso militantes do sindicato nacionalista CIG.

Na manifestación do primeiro de maio en Vigo daquel ano houbo unha carga policial, na que resultaron feridos varias persoas, algunha das cales necesitou atención hospitalaria. Briga asegura que "as cargas sucederon despois de detencións indiscriminadas e de agresións sobre os detidos".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: