Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fala das coalicións como "de conveniencia"

Baltar compara os pactos políticos cos matrimonios que acaban a paus

Esíxenlle que retire a afirmación de que as coalicións entre socialistas e nacionalistas "só auguran violencia de xénero".

Redacción - 19:53 13/06/2007

Adán insta a Xosé Luís Baltar a reflexionar, e rectificar as declaracións en que comparou as coalicións de goberno entre BNG e PSOE con "matrimonios de conveniencia, que só van augurar violencia de xénero". Dende Igualdade considéranse moi desafortunadas estas frases por parte dun responsábel institucional, menos oportunas aínda no mesmo día en que se enterra en Cee a Lucía Canosa Senlle, a cuarta vítima mortal a causa da violencia de xénero en Galiza neste ano.

Como indica Carme Adán, "por palabras e actitudes deste tipo, que poñen de manifesto un uso frívolo dun problema tan serio como a violencia machista, hoxe en día temos en Galiza e en todos os países esta problemática estrutural tan complexa, da que nos resulta tan complicado saír". A secretaria xeral da Igualdade sinala que actitudes como a de Baltar dificultan aínda máis a loita contra a violencia de xénero.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: