Balaídos será unha vez máis a festa do futbol galego. Cáceres e Makelele son dúbidas e Jordi Cruyff será baixa definitiva. Jabo Irureta quere que o Depor non falle logo de nove partidos oficiais sen perder.
O Celta-Barcelona será un partido de morbo. Dous dos conxuntos máis en forma da liga serán protagonistas o domingo en Vigo. O Barsa perdeu co Valencia na Copa e o Celta caeu en Zorrilla, na última xornada de liga. A Coruña recibirá a un Espanyol con traxectoria ligueira moi similar ó Depor. O en contro promete emoción e igualdade. Os coruñeses fixeron onte a foto oficial da tempada como presaxio de bos momentos. O empate copeiro do Depor en Mallorca da folgos a seguir mirando arriba na liga.