Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Atletismo para deportistas cegos

Susana Rodríguez consegue a medalla de ouro no Campionato Estatal

Ademais do campionato nos 200 e nos 400 metros lisos, a deportista tamén conseguiu o subcampionato de 100 m. lisos.

Redacción - 17:55 12/06/2007
Susana Rodríguez (á dereita)

Susana Rodríguez (á dereita)

Susana Rodriguez Gacio, deportista invidente que adestra no CGTD de Pontevedra acaba de acadar o título de Campioa Estatal Absoluta de 200 m. lisos cunha marca de 28" 04 e de 400 m. lisos deixando o crono nos 1' 04" 19. Tamén conseguiu o Subcampionato Estatal de 100 m. lisos con 13" 45, no que son os mellores rexistros personais de toda a súa carreira deportiva.

Na Liga Estatal de División de Honra, Alba Iria Liñares, tamén entrenada por Santiago Ferrer, fixo a mínima para participar no Campionato Estatal Absoluto (aínda sendo xunior) cunha marca en 100 m. valados de 14" 92.


Ligazóns

4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: