Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Abren a primeira academia de "metegol"

E o futbolín conquistou China

A herdanza de Alexandre de Fisterra meteu o pé con forza no xigante chinés. Millóns de chineses péganlle con emoción ao matraquiño.

Redacción - 10:40 08/06/2007

Unha academia onde se estudan os segredos deste deporte de tasca, programas educativos para a introdución do matraquillo nas escolas, retransmisión en directo pola televisión estatal dun enfrontamento internacional de futbolín como aperitivo a unha das últimas semifinais mundialistas... Son todas conquistas que o invento de Alexandre Fisterra está conseguindo en China.

"Os matraquillos, tal como o tenis de mesa, son un deporte que non implica contacto físico e que por iso adáptase ás características tradicionais dos chineses", reflexiona para a Agência Lusa o fotógrafo e xornalista Song Wai, quen desde 2002 está dedicado a tempo completo á promoción da práctica do futbolín naquel país.


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: