Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Os traballos desenvolveranse no CGAC

Cultura apoia a investigación sobre arte contemporánea

Por primeira vez, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural crea bolsas sobre este patrimonio. A iniciativa foi aprobada no Consello da Xunta.

Redacción - 14:06 07/06/2007

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá o labor dos bolseiros, coordinado polo persoal técnico do centro. Cada axuda durará doce meses, son de carácter bianual e contarán cun investimento de 48.000 €, repartidos entre este ano e o que vén. O importe de cada bolsa non excederá a cantidade de 6.000 euros anuais por solicitante. Serán oito bolsas en total.

Os traballos centraranse no espazo documental do Proxecto Edición, en publicacións, na historia da arte nos anos 70 en Galiza e nas novas formas de educación artística. Poderán optar a estas axudas os licenciados e diplomados en Biblioteconomía, Historia da arte, Filoloxía, Ciencias da Comunicación, Belas Artes, Documentación, Historia, Comunicación Audiovisual, Ciencias da Educación e Infórmatica.

Con esta nova partida, a dirección xeral segue na liña da Consellaría de Cultura a prol da investigación do patrimonio e dende os centros museísticos do país. Pola súa parte o CGAC, centro dependente da Consellería de Cultura, reafirma os seus principios de contribuír á formación e ao perfeccionamento do persoal especializado en arte contemporánea, museoloxía e museografía.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: