Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol sala

Presentan o segundo "Clínic" para adestrar aos adestradores

O Autos Lobelle de Santiago F. S. presentou a segunda edición do seu programa de formación para técnicos. É un bocado máis práctico que o anterior e celebrase á vez que o campus de verán para os máis cativos.

Redacción - 16:57 05/06/2007

O Lobelle presenta un Clínic de formación para adestradores de fútbol sala no que poder traballar cos propios técnicos do clube e con aqueles todos que veñen de fóra para aprender cómo se organiza un campus destas anovadoras características.

Alén dos adestradores do clube, este ano contarán coa presenza de Tomás de Dios, técnico do Cometal Celta de Vigo, que volve para colaborar no campus e facer unha ponencia, e de Bruno García, que acaba de terminar a tempada no Leis de Pontevedra con grande éxito.

O Clínic celebrarase no Multiusos do Sar, en Compostela, os días 29 e 30 de xuño e o 1 de xullo. Durante os tres días, técnicos e membros do Lobelle, así como adestradores de equipas de División de Honor, impartirán clases maxistrais de fútbol sala. O programa está dirixido a adestradores de fútbol sala, licenciados ou estudantes do INEF ou maxisterio de educación física, preparadores físicos e monitores de fútbol sala.

Este ano as prazas non están limitadas e xa se poden cumprimentar os boletíns de inscrición a través da páxina web do clube. Os estudantes teñen descontos especiais.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: