Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

O campionato galego de Elite, Sub-23 e Sub-21 en Compostela

A capital galega acolle o domingo unha carreira moi importante para a clasificación dos ciclistas das equipas galegas.

Redacción - 17:41 04/06/2007
Os ciclistas competirán individualmente e contra o crono

Os ciclistas competirán individualmente e contra o crono

Na tarde do domingo xa se coñecerá o nome do campión galego de contra-reloxo, que sairá de entre os mellores ciclistas galegos, após percorrer unha distancia de 29 Qms en terras de Compostela.

Na mañá da terza, o concelleiro de Deportes de Santiago e vicepresidente da Fundación Compostela Deporte -organizadora do evento, Manuel Portas; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo e o director deportivo da equipa Karpin Galiza, Xesús Blanco, presentarán oficialmente esta xornada de competición.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: