O resultado era o de menos este sábado en Santa Isabel. Velaí unhas imaxes do encontro. Falan para a cámara de Vieiros: Sime e Davide polos seareiros e Afonso Eiré, Paco Lodeiro e Roberto Vilar polos persoeiros.
Era un tento de volver recuperar a Selección Galega que se materializou nun xogo que ía alén dunha pachanga entre colegas. Na altura de 1997 xa se levaba un ano traballando, dende a creación da revista Bravú que coordinaba Xurxo Souto, na recuperación da Selección Galega. No sábado, xusto dez anos despois, non os mesmos, pero unha recua deles... intelectuais, xornalistas, actores, actrices, músicos... reuníronse máis unha vez contra os seareiros, que neste 2007 sumaron a súa segunda vitoria para o palmarés seareiro.