Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SÓ PONTEAREAS, QUE FOI SANCIONADO, E ARNOIA TEÑEN PERMISO

A CMT advirte aos alcaldes galegos que só poden dar wifi gratis no rural

Os candidatos que prometeron montar redes sen fíos e resultaron elixidos en cidades -entre elas na Coruña e Ourense- deberán sortear as trabas estatais

Manuel Vilas - 12:35 01/06/2007
Francisco Rodríguez foi un dos que prometeu wifi pública

Francisco Rodríguez foi un dos que prometeu wifi pública

¿Poden os concellos subvencionarlle internet aos seus cidadáns, tal e como prometeron moitos candidatos elixidos nas eleccións municipais? En principio non, advirte a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), que xa pechou varias redes sen fíos municipais noutros puntos do Estado.

A CMT explicoulle a Vieiros que o acceso a internet “non debe ser financiado con fondos públicos porque estaríase competindo deslealmente cos operadores privados”. Iso si, o Estado “está estudando” permitir as redes wifis gratuítas, pero só nas “nas areas que sofren a fenda dixital”. É dicir, nas zonas rurais que non son rendibles para empresas como Telefónica ou R.

"A prezo de mercado"
Tal é o caso da Estrada, que ten a rede pública máis extensa no Estado. Neste intres o acceso na Estrada é gratis, pero no futuro cobrarse uns 10 euros ao mes. E é que a CMT quere que, de existir, as redes públicas ofrezan acceso “a prezo de mercado”.

Outra condicións imprescindíbel é que os municipios se dean de alta como operadores de telecomunicacións. Un voceiro da CMT explica que, aínda que non é un proceso longo, implica que abonar unha serie de tasas.

Unicamente dous concellos galegos, Arnoia e Ponteareas, lograran o permiso da CMT a finais de marzo. E Ponteareas conseguiuno despois de ser sancionado, tras a denuncia dun cibercafé, por dar wifi gratis e sen licenza.


Promesas difíciles de cumprir
Na campaña electoral moitos candidatos, prometeron wifis públicas. Algúns deles, como
Francisco Rodríguez (do PSdG en Ourense) e Javier Losada (do PSdG na Coruña) gobernarán concellos que non entran, en principio, na categoría de zona rural con risco de sufrir fenda dixital.

Para curarse en saúde ante o que poida pasar finalmente, esta mesma semana os operadores privados lanzaron advertencias contra as wifis municipais.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: