Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ENTRE O 13 E O 17 DE XUÑO EN SILLEDA

A Semana Verde faise tecnolóxica

A maior feira do agro renóvase apostando polas TIC. Concursos de ideas sobre negocios na rede e cursos de internet para maiores son algunhas das novidades

Redacción - 16:49 31/05/2007

A Feira Internacional Semana Verde de Galicia estaba a perder vitalidade nos últimos anos. Para darlle un novo pulo ao maior evento do sector primario galego, a organización cambia o chip e aposta por ofrecerlle aos visitantes ordenadores, ademais dos habituais tractores e maquinaria agrícola. Así, os que acudan a Silleda entre o 13 e o 17 de xuño poderán recibir cursos de formación sobre como montar un negocio no agro usando internet e as novas tecnoloxías.

Tamén haberá varios concursos de ideas. Tres mil euros recibirá quen de co proxecto que mellor mesture tecnoloxías da información e sector primario. Ademáis deste, outro concurso, patrocinado por Caixanova, premiará a mellor innovación tecnolóxica do agro galego.

Cursos para pais e avós
A oferta formativa da Semana Verde tamén abranguerá aos maiores, para os que haberá cursos de introdución a internet, e os pais, que poderán aprender como evitar que os seus fillos accedan a contidos potencialmente perigosos.

Obradoiros de blogs e cursos para aprender a compoñer música por ordenador son outras das novidades do innovador programa desta cita.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Semana Verde é unha das feiras máis concorridas do país/ Foto: Semana Verde
A Semana Verde é unha das feiras máis concorridas do país/ Foto: Semana Verde