A resolución das imaxes é tal que pode verse as persoas andar pola rúa. Santiago pódese visitar en liña portal a portal.
Remolcadores no Porto de Vigo
Microsoft acaba de incorporar ao seu servizo de mapas en liña vistas aéreas en tres dimensións de moitas cidades do globo. Trátase de imaxes dunha calidade excepcional e que no caso das cidades galegas, só están dispoñibles en Vigo, Ourense, Pontevedra e Lugo; segundo informa Código Cero.
A resolución das imaxes é tal que, por exemplo, pode distinguirse perfectamente as persoas que están a cruzar a Ponte Romana de Ourense.
Camiñando por Santiago na Rede
Esta nova aplicación é similar a outro rueiro fotorealista, o de Qdq.com, coa diferenza que éste permite visualizar os portais das direccións buscadas polos internautas. Neste caso, Santiago é a única cidade galega das sete que hai no estado que se poden visitar virtualmente a través deste rueiro.