Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Proponlle un pacto en orzamentos e infraestruturas

Negreira concreta a oferta de acordo para que Losada goberne en minoría

O líder do PP coruñés e o rexedor socialista en funcións da Coruña xa se reuniron. O popular acusa á dirección do PSdeG de presionar contra o acordo.

Redacción - 09:00 31/05/2007

Trataríase de acordos puntuais en asuntos concretos, e a oferta presentada este mércores polo candidato do PPdeG, Carlos Negreira, ao PSdeG coruñés abrangue desde a materia urbanística, até o emprego e as infraestruturas. Ademais, Carlos Negreira garantiríalle a Xavier Losada a aprobación dos orzamentos municipais.

Despois de reunirse con Losada, o candidato popular falou formalmente de "negociacións" e explicou que a proposta para que os socialistas gobernen na Coruña en minoría sería renovada anualmente. Negreira subliñou que a oferta segue a máxima do PPdeG de facilitar que goberne a lista máis votada en cada Concello e engadiu ademais que o acontecido o 27M nas urnas herculinas é case un "empate técnico".

Carlos Negreira queixouse ademais do que considera presións da dirección do PSdeG sobre os socialistas coruñeses. "Non deixo de ver algunha sombra sobre a capacidade real do PSOE da Coruña para chegar a este pacto, despois de escoitar a Touriño dicir que hai un acordo marco entre PSdeG e BNG e que a iso teñen que aterse as corporacións municipais", comentou. De momento, desde o PSdeG coruñés non desmenten nada sobre a oferta de Negreira, malia que este xoves Xavier Losada terá a primeira xuntanza co candidato do BNG coruñés, Henrique Tello, de onde poderían saír as bases para o acordo de socialistas e nacionalistas para un goberno de coalición na cidade.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: