Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
piragüismo

Verducido vai funcionar como un anexo ao Centro de Tecnificación de Pontevedra

Deporte destaca esta súa aposta decidida polo piragüismo galego, ao realizar unha custosa obra que se inaugurará co Campionato de Europa de Augas Tranquilas.

Redacción - 12:30 31/05/2007
A pista estará lista nunhas semanas

A pista estará lista nunhas semanas

Os palistas galegos presentes e futuros xa teñen un novo lugar no que adestrar, ademais do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra co que xa contaban.

As instalacións de piragüismo de Pontillón de Castro, na vila pontevedresa de Verducido, que están a piques de ser rematadas,e, cun custo aproximado de 10 millóns de euros, van ser inagauguradas a finais de xuño coa celebración do Campionato de Europa de Augas Tranquilas, que reunirá os mellores piragüistas europeos.

Posteriormente, este centro pasará a depender do CGTD, xa que Deporte o considera un complemento perfecto para esta instalación, na que nestes momentos xa están adestrando, ademais de deportistas doutras modalidades, palistas.

A Secretaría Xeral, que dirixe Marta Souto, quere poñer ao dispor dos e das piragüistas galegos e galegas as mellores instalacións posibles e por iso apostou de forma decidida por esta instalación xa que considera que o piragüismo galego debe contar cos instrumentos necesarios para que os palistas podan dar o seu máximo rendemento, os de agora e tamén os palistas que están por vir.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: