Grazas ao que pagan os consumidores por discos e cintas virxes, entre outros conceptos. Agora busca establecer un canon para lectores de mp3s e discos duros.
Os ingresos que perciben as entidades de xestión de dereitos de autor en concepto de canon por copia privada estanse a disparar. Estes cartos proveñen de impostos que se aplican, por exemplo, aos CDs virxes ou as cintas de casete.
Así, a Sociedade Xera de Autores e Editores (SGAE), a máis poderosa destas entidades, multiplicou case por once o volume total apañado grazas ao sistema establecido na Lei de Propiedade Intelectual (LPI), segunda informa hoxe Expansión.
En concreto en 1999 apañou 2,02 millóns de euros, mentres que en 2005 –última cifra publicada– foron máis de 23,6 millóns. Isto supón un incremento de máis do 1.000%. A SGAE está intentando impor novos canons, entre eles aos lectores de mp3 e os discos duros dos computadores.