Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

O Karpin reforzará coa súa presenza a Volta a Galicia Elite-Sub 23

A equipa galega apoiará o evento cun stand propio e varios coloquios.

Redacción - 11:55 29/05/2007
Presentación da Volta

Presentación da Volta

Os galegos van ter presenza na saída e na meta das etapas da Volta a Galicia, seguindo co convenio de colaboración para a promoción do ciclismo de base asinado entre a Fundación Ciclismo Galego e a Federación Galega de Ciclismo.

A Volta a Galicia para ciclistas Elite e Sub 23 celebrarase do 30 de maio ao 3 de xuño con varias etapas: Unha primeira en Monforte; unha segunda en Melón; a terceira en Viveiro; unha penúltima en Cangas para terminar n'A Coruña.

A equipa profesional galega presentará un stand co seu autobús na saída e a chegada de catro das cinco etapas da rolda galega, e sorteará distintos agasallos entre os nenos e nenas que participen nas xincanas na liña de meta nas horas previas á chegada do pelotón -prevista para as 18:00 horas nas tres primeiras etapas, e ás 13.30 horas na última.

Ademais de deporte, tamén algunhas charlas sobre ciclismo

Ciclistas e técnicos do equipo galego, en colaboración con membros da Federación Galega de Ciclismo, celebrarán dúas charlas coloquio co título de "Presente e futuro do ciclismo galego".

A primeira das charlas, a celebrar o na terza 29 ás 19:00 horas, reunirá no salón de actos dos Escolapios en Monforte a parte dos compoñentes do Karpin Galicia -Marcos Serrano, Jesús Blanco Villar e José Ángel Vidal-.

A segunda charla celebrarase en Viveiro na sexta, día 1 ás 19:30 horas.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: