 
As curtametraxes premiadas proxectaranse no Bar Liceum do Porriño. 
O Festival de Cans rematou o sábado cun balance positivo por parte da organización. A Asociación Cultural Arela calculou que unhas 4.500 persoas asistiron ás proxeccións nos galpóns da parroquia porriñesa, montaron nos chimpibuses e pisaron as alfombras vermellas estendidas polas corredoiras. 
  Pero, para quen non tivese a oportunidade de ver as curtametraxes gañadoras, aínda pode facelo o mércores a partir das dez da noite no Bar Liceum. A entrada será de balde para os socios de Arela e de 2 euros para o resto do público. 
  O palmarés do festival foi o seguinte: Antón Reixa recibiu o premio de honra Pedigree '07. O público decidiu que a mellor curta de ficción foi Tempada 92-93, de Alejandro Marzoa, e a mellor de animación A flor máis grande do mundo, de Juan Pablo Echeverry. Os espectadores tamén escolleron o mellor videoclip: Como cada día, de El Cubo, realizado por Miguel de la Peña, mentres que o premio do xurado foi para o vídeo musical de Niño y Pistola Song 74, realizado por Manolito Portolés. 
  O xurado outurgou outros cinco premios, dos que tres foron para Sen chumbo, de Jorge Saavedra: mellor actriz, para Cristina Castaño, mellor actor, para Xulio Abonjo, e mellor curta de ficción.l Houbo ademais unha mención especial para As carreiras secretas, de Antonio Coucheiro Cou. O premio á mellor curtametraxe de animación foi para Promesa, dirixida por Fernando Cortizo: 
  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto