Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Turquía suspende a execución de Ocalan

O Goberno turco decidiu o mércores suspender a sentencia de morte imposta o pasado ano ao líder rebelde do PKK, Abdullah Ocalan. Esta decisión está relacionada coa esixencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de que non o executaran ata que se revise o caso, cousa que podería levar uns dous anos. Ademais, iso poñería en perigo a candidatura de Turquía para ingresar na UE. Dende Europa gabouse este aprazamento, sobre dende Italia, porque "manifesta a evolución da política turca cara principios máis democráticos", segundo Massimo D'Alema, aínda que se esixe a abolición total da pena de morte. Poden obter máis información nesta magnífica web da Defensa de Ocalan e na Kurdish Information Network.

- 10:46 13/01/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: