Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
O PP perde a maioría nas Baleares

Nafarroa Bai convértese na segunda forza máis votada da rexión

Podería compartir cos socialistas o goberno da Comunidade Foral e do Concello de Iruña, neste último tamén xunto con ANV

Redacción - 03:05 28/05/2007

UPN é a forza máis votada nas eleccións ao parlamento navarro, co 42,2% dos votos. Porén, perdeu un dos 23 escanos cos que contaba, e o seu socio de goberno, CDN, dous dos seus catro. Xa que logo, non poderán reeditar a maioría absoluta á fronte da Comunidade Foral de Nafarroa de 55 deputados.

Nafarroa Bai con 12 escanos e o 23,7% dos votos convértese na segunda forza máis votada do arco parlamentario por riba do PSN, que obtivo o 22,4% e outros tantos representantes, un máis que en 2003. Nacionalistas e socialistas poderían formar goberno, contando cos dous deputados de Izquierda Unida.

No concello da capital, Iruña, produciuse un resultado similar. UPN logrou a maioría dos votos, o 42,86%, e 13 concelleiros ao igual que hai catro anos. Porén, CDN perdeu os seus dous representantes, polo que a candidata de Nafarroa Bai ten posibilidades para ser a alcaldesa, sempre e cando os socialistas navarros e ANV acepten compartir goberno xuntos.

No resto de Euskal Herria, nos concellos de Bilbo e Donostia, PNV e PSE repiten vitoria. Tamén en Gasteiz os socialistas gañaron as eleccións e con toda probabilidade conseguirán a alcaldía.

Países Cataláns

Nos Países Cataláns, o PP arrasou en Valencia nas eleccións ao parlamento e nos principais concellos, mais perde a maioría absoluta na cámara das Illas Baleares logo de conseguir dous deputados menos, 28, que nos anteriores comicios.

En Barcelona, malia gañaren os socialistas, conseguen os peores resultados da historia do PSC neste municipio. Con todo, as forzas do tripartito xa anunciaron que reeditarán a coalición de goberno.

Convergència Democràtica Aranesa perdeu a maioría no Consello Xeral de Arán, e fica empatada co PSC, con seis conselleiros cada un. O terceiro posto foi parar ao Partit Renovador Arties-Garos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: