Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Enquisa noutras nacións do Estado

Uxue Barkos acada a alcaldía de Iruña, e UPN perde o goberno foral

Nos Países Cataláns, o PP mantería o goberno valenciano, sairía do de Baleares e o PSC volvería gañar en Barcelona. As alcaldías de Bilbo, Donostia e Gasteiz non mudarían de mans.

Redacción - 21:13 27/05/2007

Segundo a enquisa de IPSOS para a Televisión Española, Unión do Pobo Navarro (UPN) seguiría a ser a forza máis votada en Nafarroa, mais a súa maioría no goberno foral ficaría no ár. Ademais, Nafarroa Bai poderíase facer coa alcaldía de Iruña, se, tal e como indica a sondaxe á pé de urna, a lista que encabeza Uxue Barkos é a máis votada.

UPN obtería entre 19 e 21 escanos fronte aos 23 de 2003, mentres que Nafarroa Bai estrearíase na cámara parlamentaria con entre 14 e 16 escanos. Pola súa banda, os socialistas navarros lograrían entre 11 e 13 escanos (hai catro anos lograra 11).

Ademais, no resto de Euskal Herria, a enquisa indica que o PP perdería apoios en Biscaia, Araba e Guipúscoa, o PSE gañaría en Donostia e o PNV en Bilbo. En Gasteiz, Alfonso Alonso (PP) obtería de novo a maioría dos votos.

Nos Países Cataláns, o PP perdería a maioría absoluta nas Illas Baleares: obtería entre 26 e 28 deputados; o PSIB, entre 23 e 26; o Bloc per Mallorca, entre 3 e 4, e Unió Mallorquina, entre 2 e 3, nunha cámara onde a maioría absoluta está estabelecida en 30 deputados.

En Valencia, a sondaxe indica que o PP revalidaría a maioría absoluta -estabelecida en 50 deputados- por pouco: conseguiría entre 50 e 53 escanos; o PSPV, entre 37 e 40, e Compromís pel País Valencià entre 7 e 9.

Nas municipais de Barcelona, o PSC mantería a maioría relativa con entre 14 e 16 concelleiros; CiU tería entre 11 e 13; o PP, entre 6 e 7; ERC, entre 4 e 5, e Iniciativa, entre 3 e 4.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: