Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Despois da denuncia da gaseira aos mariscadores

Medio cento de persoas asinan a autoinculpación en solidariedade coa loita contra Reganosa

As misivas en apoio aos mariscadores e veciños ferroláns seguen chegando, mentres o Comité Cidadán de Emerxencia prepara novas accións contra a empresa.

Redacción - 15:00 24/05/2007

Até o xoves da semana que vén, o Comité de Emerxencia seguirá entregando as sinaturas de autoinculpación en solidariedade cos denunciados. Reganosa solicitáralle en días pasados á Capitanía Marítima os datos dos titulares das lanchas identificadas durante as accións de bloqueo á chegada do gaseiro Galicia Spirit. A continuación, a empresa presentara unha denuncia, dirixida á vez ás embarcacións e aos integrantes do Comité Cidadán, por presunto delito de desobediencia á autoridade. Ao respecto, pide indemnizacións por valor de máis de medio millón de euros.

Colectivos e mariscadores argumentan que a mobilización foi parte da denuncia pública polo incumprimento da legalidade da planta de Reganosa. Subliñan unha vez máis que non existe estudo de impacto ambiental, non hai plan de emerxencia nin de evacuación en caso de accidente, e que a planta non cumpre tampouco o mínimo de dous quilómetros até o núcleo de poboación máis próximo.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: