Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PPdeG: Monte, guerra civil e terroristas

A secretaria de Acción Social do PP, Ana Pastor, dixo este martes na Coruña que a política do PSOE leva o Estado "cara á guerra civil e a memoria histórica".

Redacción - 09:00 23/05/2007

De paso, no seu mitin na Coruña a deputada do PP no Congreso tamén acusou o goberno español de "poñer nas mans de Batasuna mil millóns de euros" e de poñer terroristas "cun pé nos concellos". A deputada popular pediulle o voto aos coruñeses subliñando que é "a primeira oportunidade de dicirlle a Zapatero que isto non pode seguir así". De paso, recuperou as críticas sobre o Estatut catalán, definíndoo de "asimétrico" e asegurando que o goberno español quere cidadáns "de primeira e de segunda".

Polo seu lado, o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, destacou entre os "milleiros de razóns" que na súa opinión hai para votarlle ao seu partido que hai "milleiros de árbores calcinados nos montes" e "cada un deles é unha razón para ir votar". De igual xeito afirmou que "cada galego en lista de espera é unha razón para ir votar". Pediu ademais apoio para "os que lles din que non poden construír barcos en Ferrol" e "os que non queren que Batasuna se presente ás eleccións".

Ademais, Feijoo asegurou que fronte ao PPdeG está un BNG "do século XIX" e un PSdeG "en decadencia", xa que segundo el "sería imposible ver os socialistas do 82 cun secretario de organización insigne como Pepiño Blanco". Nesa mesma liña, asegurou que "sería imposíbel" ver un presidente da Xunta "baixando a cabeza ante as ordes de Pepiño, e agora hai un".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: