Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN COMPOSTELA

A delegación do goberno español acusa a Resistencia Galega dunha sabotaxe nas obras do AVE

Ameijeiras relaciona o sucedido coas bombas colocadas en Lugo e Cangas.

Redacción - 15:52 18/05/2007

As forzas de seguridade do Estado pensan que o grupo independentista Resistencia Galega está detrás dunha sabotaxe nas obras do AVE en Compostela. A acción tivo lugar no Eixo de Arriba. Varios descoñecidos teríanlle posto lume, na madrugada do xoves ao venres, a unha grúa que sufriu danos nas rodas.

O delegado do goberno estatal, Manuel Ameijeiras, cre que hai unha relación directa deste acto coas bombas colocadas nas últimas semanas en Lugo e Cangas. Ameijeiras afirma que as comisarías están en alerta.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: