Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

BNG: A lingua como referente para estar nun "mundo global"

"Quen non defende a súa lingua non é ninguén", afirmou Anxo Quintana en Monforte, nun dos mitins onde os nacionalistas xuntaron máis xente no que vai de campaña.

Redacción - 09:00 18/05/2007

Do mesmo xeito que Monforte ten "o seu castelo ou o río Cabe", Galiza ten o seu idioma para "sentírmonos orgullosos" no medio dun "mundo globalizado", segundo expresou este xoves o voceiro nacional do BNG durante o seu mitin nesta vila luguesa. No único concello lugués onde o BNG ostenta a alcaldía, Anxo Quintana ironizou co baleiro nun acto recente do PP na mesma localidade. "Tiñan pouca xente e botáronlle a culpa ao Real Madrid", comentou, engandindo que "para gañarlles non cómpre o Real Madrid, xa está Severino Rodríguez", subliñou referíndose ao alcalde e candidato do BNG.

Quintana afirmou que "por fin Lugo será a primeira en algo", salientando a apertura dunha rede de Galescolas que convertirá a provincia na de mellor cobertura en ensino infantil de todo o Estado. "Xa era hora", dixo, "poden estar todos contentos, menos os do PP, que prefiren que Lugo siga á cola de todo". Durante a súa intervención, Quintana acusou o líder do PPdeG de dicir "burrada tras burrada" nesta campaña, reprochándolle que lle "faltan as ideas".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: