Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS RESTOS SON DO SÉCULO XVI

Patrimonio denuncia na Garda Civil o posíbel espolio dun galeón en Fisterra

Veciños da zona avistaron mergulladores da Armada no lugar onde está afundido o buque.

Redacción - 19:25 16/05/2007
O galeón atópase afundido nas inmediacións da praia do Sardiñeiro

O galeón atópase afundido nas inmediacións da praia do Sardiñeiro

A Dirección Xeral de Patrimonio presentou unha denuncia para que se investigue se un galeón afundido nas costas de Fisterra puido sufrir un espolio. O departamento que depende da Consellería de Cultura dirixiuse á Garda Civil do Mar logo de ter constancia de que efectivos da Armada española tiñan feito manobras no mesmo lugar onde está o buque.

Tal e como adiantaba este martes Vieiros, as alarmas saltaron en Fisterra o pasado xoves día 11. Varios mariscadores puideron ver como mergulladores da Armada traballaban no Rastrelo (praia do Sardiñeiro) xusto onde está afundido o barco. As sospeitas aumentaron pola presenza dun camión militar en terra.

Estudo
Patrimonio deu ordes para que se aclare se, tal e como afirman os veciños, os mergulladores sacaron obxectos do lugar. Agárdase que nos vindeiros días técnicos contratados pola Xunta fagan un recoñecemento da nave afundida.

Dase a circunstancia de que a Consellería de Cultura está a facer un catálogo arqueolóxico das costas galegas. Un equipo dirixido polo arqueólogo coruñés Miguel San Claudio comezou a finais do ano pasado un estudo do galeón afundido en 1596 en Fisterra.


Ligazóns

4,9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: