Preto de dezaoito clubes participan esta fin de semana na vixésimo terceira edición do Campionato Galego, de onde sairá a nova equipa da selección.
Despois desta fin de semana coñeceranse os nomes dos membros da nova Selección Galega de Tiro con Arco, que serán escollidos entre os mellores tiradores do campionato.
O campionato, a celebrar no campo multiusos de Caranza é unha cita ineludíbel á que van acudir a meirande parte dos clubes galegos e máis de 60 arqueiros dos mellores do país.