Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Atletismo

Fin de semana chea de competicións

Durante a fin de semana dispútanse dous campionatos galegos de atletismo en pista.

Redacción - 10:10 18/05/2007
Intensa fin de semana para o atletismo galego

Intensa fin de semana para o atletismo galego

Para o sábado está programada a celebración do Campionato Galego de 10.000 Metros, na cidade de Vigo, no que van tomar parte os mellores especialistas na distancia a nivel Galego. O día a seguir, o domingo 20, nas pistas lucenses de Gregorio Pérez Rivera celebrarase o Campionato Galego Xuvenil e Cadete, segundo informa a FGA (Federación Galega de Atletismo).

Esta longa fin de semana, chea de campionatos, xa comezou o Día das Letras, co Campionato Galego de Clubs Junior, que se celebrou nas Pistas ferrolás da Malata a quinta, e nel tomaron parte as equipas femininas e masculinas do A.S. Narón, A. Vila de Cangas e Ourense Academia Postal, ademais do RIA Ferrol e o A.F. Celta, que só competiron na categoría feminina.

O mais salientábel desta proba foi o dominio do Ourense Atletismo Academia Postal, tanto na categoría masculina como na feminina, xa que en ámbalas dúas ficoou no primeiro posto -na categioría masculina con 49 puntos e na feminina con 53-. Entre os homes, ficou en segunda posición o Atletismo Vila de cangas, con 32 puntos; e o Atletismo Sierra Narón obtivo a terceira praza, con 29 puntos.

Na carreira das mulleres, por detrás da equipa de Ourense quedou o RIA de Ferrol/CCA, con 38 puntos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: