Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O Día das Letras na Galega

'Linguas cruzadas': documental sobre a mocidade e o idioma

Céntrase na vida de cinco menores de 30 anos que medraron aprendendo galego na escola e escoitándoo na televisión.

Redacción - 11:10 16/05/2007



María Yáñez e Mónica Ares escribiron e dirixiron Linguas cruzadas, un documental que analiza a situación da lingua na mocidade e os diferentes fenómenos de conversión lingüística que se están a producir nos últimos anos. O traballo tenta responder a preguntas como cal é a lingua que emprega a xente nova, se se manteñen os estereotipos que marcan un idioma ou outro, se hai conflito e cal é o futuro do galego.

O espazo emitirase na Galega o Día das Letras pola tarde e redifundirase o sábado. Recolle as opinións de máis de 35 persoas, aínda que se centra en cinco delas: María, unha moza de Castro de Rei que pertence á xeración dos resistentes: falan galego, séntense orgullosos de facelo e non van renunciar á súa lingua.

Outro é o caso de Roli, coruñés que nunca fala galego aínda que o coñece, porque o seu contorno non emprega a lingua. Fer, tamén da Coruña pero que decidiu converterse ao galego cando comezou a estudar en Compostela: é un neofalante.

Andrés, de Bueu, amosa a situación da lingua nas vilas e a súa perda por non parecer “do monte” e pola escolarización en castelán. Por último, reflíctese o caso da xente que vén de fóra para aprender galego: Lilian, unha coreana de 21 anos.

O documental tamén ofrece o testemuño de tres grupos de pop do país: 6PM, Nadadora e The Homens. Está realizado por Xacobe Sineiro e producido por Control Z.


4,8/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: