O lema elixido é “nin un céntimo para quen te discrimina”
A campaña da renda vén outra vez marcada polo enfrontamente entre os colectivos gais e a Igrexa. A Federación Estatal de Lesbianas, Gays, Transexuales y Bisexuales, FELGT puxo ca en marcha a campaña “nin un céntimo para quen te discrimina, na declaración da renda marca outros fins sociais”. A plataforma leva adiante esta iniciativa dende 1999.
Segundo explican, a intención é mostrar o rexeitamento á postura da xerarquía católica no que respecta á dignidade deste colectivos. A campaña consta de 20.000 carteis e de 50.000 postais para enviarlle ao Presidente da Conferencia Episcopal Española, na que se explican as razóns do boicot.