O grupo liderado por unha rianxeira, un boirense e un albaceteño segue a súa progresión e actuará o 12 de xuño na praza das Ventas, en Madrid.
Os Triángulo de Amor Bizarro non paran. Para os vindeiros meses xa teñen pechadas actuacións por todo o Estado e a presenza en varios festivais, entre eles o do Norte, en Vilagarcía o 18 de maio; a festa FIB, o 9 de xuño en Murcia, e o Electrosonic de Burgos, o 25 de agosto.
A semana pasada estiveron en Compostela abrindo un dos dous concertos que deron Los Planetas, e o 12 de xuño estarán no mesmo cartel ca os Smashing Pumpkins, no Pepe World Festival de Madrid, xunto a The Killers, Standard e Kasabian.
Esta foi a súa actuación no programa da televisión pública estatal Los conciertos de Radio 3, onde interpretaron, entre outros temas, este El crimen: cómo ocurre y cómo remediarlo, do seu primeiro disco, editado por Mushroom Pillow: