Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Baixo o lema 'Non máis multas, plántate!'

A Marcha Mundial da Marihuana chega o sábado a Vigo

A asociación AVE María chama a protestar polo incremento das sancións por consumo e tenza de cannabis.

Redacción - 12:26 04/05/2007
Planta de marihuana

Planta de marihuana

O sábado 6 de maio é a data en que se vai desenvolver a terceira Marcha Mundial da Marihuana, un acto reivindicativo que se vai organizar simultaneamente en máis de 230 cidades de todo o mundo. En Galiza, a cita será en Vigo, na praza da Constitución.

A Asociación Viguesa de Estudos da María (AVE María) defenderá o lema “Non máis multas, plántate!”, como mostra da súa repulsa pola política que está a levar a cabo o goberno central, do Partido Socialista. Segundo a agrupación, a actual ministra de Sanidade, Elena Salgado, está a promover accións represivas superiores ás do período de goberno do Partido Popular, co triplo de sancións de 300 euros.

Os datos que manexan amosan 173.096 denuncias por consumo ou tenza de drogas, e un crecemento anual das multas ao tempo que tamén medra o número de usuairos de cannabis. AVE María, en coordinación coa Federación de Asociacións Cannábicas (FAC) está a realizar unha campaña de recolleita de sinaturas para apoiar a reforma da Lei de Seguridade Cidadá no referente ao consumo de drogas.

A asociación viguesa espera superar os mil asistentes da pasada edición na convocatoria, prevista para as sete da tarde na praza da Constitución, o sábado 5.


4,5/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: