Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Do 29 de abril ao 1 de maio

Dezanove federacións disputan o título estatal de natación en Pontevedra

O Complexo Deportivo Rías do Sur acolle o Campionato de España de Natación por Comunidades Autónomas.

Redacción - 11:06 27/04/2007
Piscina do Complexo Rías do Sur de Pontevedra

Piscina do Complexo Rías do Sur de Pontevedra

A proba, organizada polo Club Natación Galaico-Sercoysa en colaboración coa Fundación Deporte Galego, convoca ás dezanove federacións españolas, que loitarán desde o 29 de abril até o 1 de maio por facerse co prezado título estatal.

A selección catalá intentará demostrar unha vez máis a súa superioridade e repetir así o triunfo do ano pasado. Os principais rivais dos cataláns nas augas do complexo pontevedrés, aparte da selección galega, serán os equipos das federacións de Madrid, Andalucía, Valencia e Baleares.

O campionato disputarase nunha piscina de 25 metros de longo e dez carreiros. Os nadadores participantes agruparanse en dúas categorías, absoluta e júnior.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: