Consideran que as once bases son irrenunciábeis e que, se non se inclúen, é porque “algo falla”.
Compoñentes da Iniciativa
A Iniciativa Galega pola Memoria presentou once iniciativas para a súa inclusión na futura Lei de recuperación da Memoria Histórica. Segundo o colectivo, son unhas bases que consideran imprescindíbeis para que se cumpra co cometido da norma.
A idea de constituír a iniciativa xurdiu durante a conmemoración do ano da Memoria, o 2006, a raíz do contacto entre diferentes asociacións do país. A Comisión pola Memoria Histórica da Coruña propuxo a creación, xa rematadas as actividades do ano pasado, da Iniciativa Galega, composta por algo máis de trinta entidades.
Un dos compoñentes da plataforma, Uxío-Breogán Diéguez, da Asociación Galega de Historiadores/as e de Murguía, Revista Galega de Historia, explicou que a agrupación aínda está a dar os seus primeiros pasos no que se refire á organización de actividades. Ademais, egue aberta á incorporación de máis asociacións procurando puntos de encontro con elas.