Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FRACASA O PLAN DE BUSH PARA DETER OS EMBARAZOS

Para quitarlles as ganas de foder aos mozos non chegan mil millóns

Os rapaces que participaron no programa de abstinencia do Goberno EUA teñen relacións sexuais tan a miúdo como os que non atenderon as mensaxes en favor da castidade.

Redacción - 17:23 17/04/2007

Miles de anuncios na televisión, carteis nas escolas e programas de educación por un valor total de mil millóns de dólares. Estas eran as bazas do plan da administración Bush para promover a abstinencia sexual entre os adolescentes americanos. Un obxectivo que fracasou, segundo revela un estudo encargado polo Congreso dos Estados Unidos.

A enquisa entre máis de dous mil mozos mostra que os rapaces que participaron no plan foden cos seus compañeiros tan a miúdo como os que recibiron a educación sexual habitual. O plan da administración apostaba pola abstinencia no lugar de informar aos mozos dos métodos anticonceptivos.

Para avaliar os resultados os investigadores entrevistaron a mozos de 16 anos. Nos dous grupos -os que participaron no programa e os que non- a proporción dos que tiveran sexo no último ano era a mesma: un 23 por cento. É máis, un cuarto dos entrevistados deitárase con tres ou máis compañeiros, segundo indica a cabeceira inglesa The Guardian.

Un 20% a pelo

Máis do 20% do total de mozos recoñeceu ter mantido relacións sexuais sen preservativo, aínda que a porcentaxe que nunca usara o condón era só do 4%.

O programa gobernamental dos EE. UU. defende que a abstinencia é o mellor xeito de evitar abortos e enfermidades sexuais. Nos últimos anos, o orzamento a favor destes programas disparouse de dez millóns de dólares ao ano ata máis de 170, di a BBC.


4,8/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: