Os deportistas galegos subiron a bandeira estreleira ao podio para celebrar a súa vitoria.
O equipo galego, terceiro en 4x50 tubo feminino
A selección de salvamento acuático deportivo acadou dez medallas no terceiro trofeo internacional que se disputou en Cáceres. A súa actuación considérase un éxito, pois o ano anterior só se obtiveran dous metais e, nesta ocasión, batéronse cinco marcas galegas.
O único ouro foi para Diego Domínguez, en relevos 4x50 tubo cadete. Esta medalla, sumada a outras catro na mesma categoría e cinco máis na selección absoluta, levaron o equipo galego á quinta posición na apertada clasificación xeral final. Os deportistas celebraron os resultados ondeando a bandeira estreleira no poio da cidade estremeña.