Os membros da coordinadora reclaman que os departamentos de difusión do galego formen parte dos programas electorais.
Logotipo da coordinadora
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) pediulles aos partidos políticos que teñen en conta a implantación de servizos de defensa e promoción do galego nos seus programas electorais.
O comunicado da CTNL indica que a asociación xa se dirixiu aos líderes políticos para que creen, ou no seu caso, potencien, gabinetes técnicos “estábeis e con capacidade de intervención social”, e xa anunciou que nas vindeiras semanas entrevistarase cos candidatos ás alcaldías das sete cidades.
A coordinadora tamén salienta que as administracións teñen a obriga de apoiar a normalización lingüística, e que, actualmente, menos de 50 dos 315 concellos contan cun departamento especializado.