Unha construtora quere urbanizar máis de dous millóns de metros cadrados logo de acadar un acordo coa Comunidade de Montes e grazas a informe positivo da Xunta anterior.
Segundo a web InfoRosal, nunha información recollida pola edición galega de El País, o proxecto inmobiliario prevé construír 800 chalés e un complexo polideportivo con dous campos de golf na parroquia tomiñesa de Pinzás. O xornal sinala que o investimento nesta urbanización estará en torno aos 38 millóns de euros aínda que a empresa pagará aos comuneiros pouco menos de seis euros por metro cadrado. Esta recualificación de chan forestal pode levarse a cabo grazas a un informe positivo dos técnicos de Política Territorial do anterior goberno da Xunta.
Na comarca non son poucos os que erguen a súa voz en contra do que consideran un ataque contra “o principio de indivisibilidade e inalienabilidade do monte”. A Asociación Ecoloxista de Baixo Miño, o Instituto de Estudios Miñorano e a organización galega de Comunidades Galegas amosasen contrarios ao proxecto. Principalmente sinalan que, á marxe do prezo pagado pola expropiación, esta non debería permitirse por tratarse dunha urbanización privada e non dun proxecto de utilidade pública.