O alemán Jens Voigt amosou a súa superioridade na cuarta tirada da proba en que Ezequiel Mosquera segue a ser o mellor do Karpin Galicia.
Ezequiel Mosquera
O ciclista Xoán Mourón será baixa no Karpin Galicia polo menos durante tres semanas logo de sufrir unha caída na zona de avituallamento durante o transcurso da cuarta tirada da Volta ao País Vasco. O de Betanzos ten unha fisura de cadeira que o terá unha semana inmobilizado e dúas en repouso.
No referido ao desenvolvemento da etapa, o alemán Jens Voigt do CCS conseguiu unha nova vitoria. Ezequiel Mosquera realizou un bo papel e segue a manterse no selecto grupo dos mellores desta carreira Pro Tour. O do Karpin Galicia foi duodécimo, co mesmo tempo que o terceiro, Valverde do Caissed´Epargne .
Ao mesmo tempo, outra delegación do conxunto galego participa estes días na Volta ao Alentejo en Portugal. Gustavo Domínguez foi o protagonista da tirada deste xoves logo de realizar unha escapada de máis de noventa quilómetros, neutralizada polo pelotón a só tres quilómetros da meta.