Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Hai empresas que aínda se resisten

Indemnizan as vítimas do derrubamento dunha fábrica en Bangladesh dous anos despois

As persoas que sobreviviron ao derrubamento da fábrica de roupa Spectrum, nas proximidades da capital bangladeshí, e máis as familias das 64 que morreron, recibiron as primeiras indemnizacións.

Redacción - 19:23 12/04/2007

Grazas á presión internacional, algunhas das empresas que se abastecían nesta fábrica puxeron en marcha un fondo con este fin. A fábrica producía para grandes multinacionais europeas: a española Zara, a alemá Karstadt Quelle a sueca New Wave Group, a holandesa Scapino e a francesa Solo Invest xa se comprometeron a contribuír. Mentres, a francesa Carrefour, a belga Cotton Group e as alemás New Yorker, Steilman, Kirsten Mode e Bluhmod rexeitan participaren no fondo.

Xa o verán pasado, Inditex distribuíu ás empresas clientes de Spectrum unha proposta de “fondo voluntario de asistencia” para as vítimas, valorado en 533.000 €, que dese para pagarlles pensións mensuais as persoas que quedaron impedidas e ás familias das que morreron na fábrica. A xestión deste fondo corre a cargo das organizacións locais: Oxfam Gran Bretaña en Bangladesh, a oenegué bengalí Incydin e a representantes de sindicatos locais.

Dende o derrubamento, o 11 de Abril de 2005, moitas familias quedaran nunha situación de extrema pobreza. A campaña Roupa Limpa, coordinada en España por Setem, insistiu para que estas familias fosen indemnizadas, e agora segue a esixir a Carrefour e ás outras empresas que se negan a participar no fondo que acheguen a súa contribución como as demais. “Como todas as multinacionais clientes de Spectrum, estas empresas se veñen beneficiando dos baixos salarios, ausencia de cobertura social e precariedade, pechando os ollos ante as pésimas condicións de traballo. Contribuíndo ao fondo de compensación e colaborando sobre do terreo coas oenegués e sindicatos locais implicados nesta iniciativa, estas empresas teñen a ocasión de amosar que realmente se toman en serio a súa responsabilidade social.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Protestas dos traballadores de Spectrum despois do derrubo / Flickr: dblackadder
Protestas dos traballadores de Spectrum despois do derrubo / Flickr: dblackadder