A primeira produción propia do Centro Coreográfico Galego chega este venres a Barcelona no marco do Festival de Dansa de Sant Andreu.
'Vacuo' estreouse o pasado mes de xaneiro na Coruña e xa pasou por varias localidades galegas. É Unha peza da coreógrafa Maruxa Salas na que os bailaríns danzan entre o xogo da música de Berrogüetto, do vestiario, da iluminación e as pezas audiovisuais, para crear una metáfora que relaciona a degradación da natureza e da alma humana, facendo un percorrido pola historia de Galiza.
Presentación de Vacuo, do Centro Coreográfico Galego
Venres, 13 de abril, 21.30 h
Sant Andreu Teatre
Neopàtria, 54 | 08030 Barcelona
Prezo:12 €